Chantada acolleu as Xornadas de Internacionalización Galicia-Colombia

Organizadas pola Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño co apoio do programa Galicia Exporta

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A comezos de novembro, Chantada converteuse na sede do intercambio comercial entre Galicia e Colombia. A vila do Asma acolleu, a partir do día 8, as Xornadas de Internacionalización Galicia-Colombia, organizadas pola Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño, co apoio do programa Galicia Exporta.
O encontro reuniu en Chantada a importadores, expertos en viño e xornalistas de medios especializados. Neste sentido, a Asociación convocante pretende con este evento aunar esforzos para incrementar a calidade e as exportacións dos viños da Ribeira Sacra.
A CALIDADE DOS NOSOS VIÑOS PERMITIRÁ AUMENTAR AS EXPORTACIÓNS
A inauguración das xornadas contou coa presenza do director do IGAPE, Javier Aguilera, quen fixo unha valoración do estado das exportacións galegas ao país americano. Segundo explicou o responsable do organismo autonómico, o ano pasado foron un total de 229 empresas galegas as que venderon os seus produtos no mercado colombiano. Esta cifra está a pór de manifesto o aumento das exportacións da nosa Comunidade ao país sudamericano. Aguilera explicou que nos últimos catro anos, medrou preto dun 75% o número de empresas galegas que exportaron a Colombia, e as exportacións de bebidas a este país incrementáronse nun 8,4% no que vai de ano. Con todo, o director do IGAPE precisou que hai moita marxe de mellora, dada a recoñecida calidade dos nosos viños.
Javier Aguilera lembrou o bo estado das exportacións galegas en xeral. Logo do record histórico do ano 2015, no que se acadaron os 18.830 millóns de euros en vendas, Galicia segue a aumentar a exportación, cun incremento do 5,4% ata agosto, catro veces máis que a media española.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Melloras no aparcadoiro do Parque dos Condes de Monforte

Seguinte Nova

O grupo A Adala representará a comedia familiar «Unha morta moi viva» o domingo 13 en Pantón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss