Colaboración entre Concello e Centro Comercial Urbano para a programación de Nadal en Monforte

Reunión do alcalde de Monforte, José Tomé, coa directiva do Centro Comercial Urbano, o pasado 26 de outubro. GPCM.
Reunión do alcalde de Monforte, José Tomé, coa directiva do Centro Comercial Urbano, o pasado 26 de outubro. GPCM.
• A programación de Nadal centrou a reunión entre os responsables do Goberno local de Monforte e a directiva do Centro Comercial Urbano. O alcalde, José Tomé, acompañado dos técnicos municipais das áreas de Cultura e Comercio, explicou que a xuntanza estivo enmarcada “no clima de colaboración que vimos mantendo co CCU dende o principio”.
COORDINACIÓN
A xuntanza do 26 de outubro serviu para poñer en común a programación que tanto o Concello como o Centro Comercial Urbano teñen previsto desenvolver durante a tempada de Nadal. “A idea é non solaparnos”, suliñou o rexedor local, “porque o máis razoable é non gastar enerxías doblemente e poder sacarlle o máximo partido aos eventos que se organicen por ambas partes”.
O encontro de finais de outubro non será un caso “aillado”, xa que, en palabras do alcalde, “queremos manter de xeito periódico encontros conxuntos para falar, sobre todo da programación que se prevé para as épocas de máis actividade, como as Festas Patronais”. O obxectivo que se persigue é “que os veciños de Monforte poidan gozar dun amplo programa de actividades e non teñan que elixir porque un mesmo día coincidan dous actos á vez”.•

•Máis e mellor coordinación en beneficio de usuarios e organizadores

•O Goberno local continuará con estas reunións ao longo do ano •A idea é que non coincidan os eventos nun mesmo día •Revisarase especialmente o calendario de actos previstos para Nadal e as Festas Patronais

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nova sinalización turística nas entradas a Monforte

Seguinte Nova

A Deputación adiantou 1 millón de euros aos Concellos para mellorar o Servizo a Domicilio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: