• En novembro iniciáronse na ribeira de Doade as obras de reparación dos danos ocasionados pola tormenta de pedrazo do pasado mes de agosto. Dende o Concello de Sober destacaron a conveniencia de facer os arranxos nesta época, aproveitando que xa non hai traballos pendientes na zona, logo do remate da vendima. Así mesmo, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradeceu á Consellería de Medio Rural que asumira o total do financiamento destas actuacións, por importe de 80.000 euros.
O Concello de Sober levara a cabo as primeiras medidas de urxencia ás 48 horas da tormenta.
As restantes obras que se están a desenvolver inclúen a construción de dous muros de contención e os pasos correspondentes sobre o regato de Seoane, así como melloras de pasos de auga e de firmes.•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
• O presidente da Xunta, Alfonso Rueda resalta que este ano vanse destinar preto de 60
Medio Rural da Deputación de Lugo reforza neste 2023 o seu apoio á plataforma de venda
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, puxo en valor en Lugo
O Concello de Bóveda vén de iniciar as obras para a creación dunha nave para viveiro