Completada a construción dun muro de contención no Castro de Liñarán en Sober

•Ademais, instalouse unha varanda de seguridade, e acondicionouse o firme do vial neste punto

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O Concello de Sober continúa incrementando o número de actuacións de mellora en diversas infraestruturas rurais. Ademais de mellorar a calidade de vida, o conxunto das obras buscan resolver o estado de deterioro de infraestruturas e apostar pola seguridade de veciños e usuarios.
VARIAS MELLORAS NESTE PUNTO
Este é o caso do ensanche e construción dun muro de contención no Castro de Liñarán, “nun punto perigoso da estrada local que une esta parroquia con Neiras”, explicou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. O rexedor local precisou que, xunto co muro de pedra, colocouse unha varanda de protección na beira do vial, ademais de acondicionar o firme da estrada “para darlle maior seguridade” a este tramo en curva e de especial risco.
FINANCIAMENTO A CARGO DA XUNTA DE GALICIA
O alcalde explicou que as obras contaron cun orzamento de 20.350 euros, financiados na súa totalidade pola Consellería de Medio Rural dentro do Plan de Emerxencias que desenvolve a Xunta para a mellora, arranxo e posta en valor dos camiños municipais.
Fernández Guitián gabou a “boa acollida” da obra por parte dos veciños, así como dos usuarios que transitan habitualmente pola zona.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Goberno provincial ingresou 2,2 millóns de euros aos concellos para crear novos postos de traballo no programa DepuEmprego

Seguinte Nova

Presentan un fotolibro sobre a viticultura da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss