Descubren unha nova especie de fungo na Reserva da Biosfera Terras do Miño

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A finais de outubro, coñecíase o achado dunha nova especie de fungo na Reserva da Biosfera Terras do Miño, xestionada pola Deputación de Lugo. Segundo comunicaron dende o organismo provincial, o novo fungo denomínase Xerocomellus poederi, e o seu descubrimento foi publicado na revista internacional «Persoonia» en xullo deste ano.
DESCUBRIMENTO DURANTE UN ENCONTRO MICOLÓXICO
O achado deste fungo realizouse dentro dos traballos desenvolvidos por un equipo de investigadores do departamento de Bioloxía Vexetal da Universidade de Alcalá de Henares. Os científicos tomaron as correspondentes mostras no contexto do VII Encuentro Internacional de Micología del Arco Atlántico, que se celebrou en Lugo en novembro de 2013. Este encontro estivo organizado pola Sociedade Micolóxica Lucus, en colaboración coa Deputación de Lugo.
Segundo precisaron dende o organismo provincial, este descubrimento é unha mostra máis da grande riqueza e biodiversidade fúnxica existente nos ecosistemas da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Ademais, insistiron en que este achado amosa a importancia do apoio ás actividades de estudo e coñecemento desta riqueza, así como á celebración de eventos científicos vinculados a esta área.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Memoria das xentes e historia dunha comarca no Libro do Courel

Seguinte Nova

Ata o 23 de novembro para solicitar praza no programa «Xuntos no Nadal»

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: