En marcha as sesións divulgativas para maiores de toda a provincia sobre alimentación saudable

O programa AlimentaTIC está desenvolvido pola Fundación TIC da Deputación de Lugo, e terá presenza en todas as comarcas lucenses

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, posou cos participantes na actividade AlimentaTIC celebrada na Pontenova a finais de outubro. GPDL.
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, posou cos participantes na actividade AlimentaTIC celebrada na Pontenova a finais de outubro. GPDL.
• A mediados do mes pasado comezou o programa AlimentaTIC, unha iniciativa da Fundación TIC da Deputación de Lugo, destinado a promover unha alimentación saudable entre os maiores de 55 anos da nosa provincia.
O presidente da Deputación, Darío Campos, visitou aos participantes do AlimentaTIC celebrado na Pontenova, e destacou a importancia da alimentación en calquera etapa da vida. No caso dos maiores, Campos Conde lembrou a utilidade de ofrecer consellos e formación sobre nutrición saudable empregando ademais as novas tecnoloxías.
DIVULGACIÓN NUTRICIONAL E DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS
O programa inclúe a celebración dun total de 15 obradoiros por todas as comarcas lucenses. Durante as actividades, os participantes reciben información sobre as características nutricionais dos alimentos, e sobre como elaborar menús saudables, equilibrados e asequibles. Para isto, o obradoiro dá acceso a unha guía de alimentación en formato dixital co deseño, entre outros exemplos, dun menú semanal saudable e consellos para comer ben por un prezo económico. No obradoiro, hai postos con produtos para degustación dos asistentes, que poden achegarse ao sabor e cualidades nutricionais dos diversos alimentos e das súas preparacións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Exposición en Lugo sobre a herdanza das Irmandades da Fala

Seguinte Nova

As xogadoras do Neumáticos Sarria, finalistas da Copa Galicia

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss