Intenso calendario gastronómico no sur de Lugo

CHANTAPAS ATA O 20 DE NOVEMBRO

Chantada ofrece unha alternativa especial para disfrutar das súas tapas ao longo do mes de novembro. De venres a domingo, a partir das 19,00 horas, un total de 15 establecementos chantadinos ofrecerán as súas mellores creacións gastronómicas nunha nova edición do Chantapas. O concurso, que se desenvolverá ata o domingo 20 de novembro, inclúe un percorrido por diversos locais do casco urbano. Bar Mánix, Tropik, Dedebó, A Faragulla, Cafetería Universal, A Viñoteca, Bar Miño, Bar Canizo, Café Cantón, O Agocho, Cervecería Cheers, Bar Centro, O Casino, Café Bar Plaza e Café Bar Parada integran a ruta de sabores do Chantapas 2016. Os clientes que desexen participar na votación á mellor tapa deberán contar cun mínimo de sete selos, e valorar de 1 a 10 cada unha das tapas consumidas nos establecementos visitados. •

MONFORTE ESTREA O «CHEGAR E ENCHER».

A delegación sur da APEHL estrea unha nova iniciativa para dinamización a hostelería monfortina. Durante os xoves e venres do mes de novembro, desenvolverase a I Xornada Gastronómica Chegar e Encher, a partir do xoves 10 e ata o venres 25. No marco deste evento, os establecementos adheridos ofertarán unha ración tradicional e unha botella de viño xoven da Denominación de Orixe Ribeira Sacra por 12 euros. Os establecementos adheridos á xornada estarán identificados con un cartel, e contarán con dípticos informativos para coñecer as racións que ofrecen. O obxectivo da delegación sur da APEHL é convertir os xoves e venres en días de tapeo en Monforte, e animar á xente a disfrutar da nosa gastronomía.•

SARRIA PREPARA UNHA NOVA EDICIÓN DO TAPICHEO.

A Asociación Gastronómica O Porco Cebado, en colaboración coa Concellería de Turismo de Sarria, organizan unha nova edición do Tapicheo, que se celebrará do 2 ao 8 de decembro en diversos locais da vila xacobea. As bases de participación para os establecementos interesados están publicadas na web www.sarria.es. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Exposición fotográfica de Iván Merayo no Museo Provincial de Lugo

Seguinte Nova

0 75% dos lumes rexistrados en Galicia son intencionados

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss