Lugo, a provincia con máis inspeccións nesta campaña da uva

A vendima e a cadea de produción da uva require diversos controis para garantir a calidade do produto final. Arquivo EC
A vendima e a cadea de produción da uva require diversos controis para garantir a calidade do produto final. Arquivo EC

A provincia de Lugo situouse á cabeza no número de inspeccións e control dos movementos e comercialización da uva de vinificación, tanto de procedencia galega como de fóra, desenvolvidas pola Policía Autonómica en colaboración coa Consellería de Medio Rural. Un total de 227 inspeccións rexistráronse en territorio lucense, fronte ás 138 de Pontevedra, as 127 de Ourense e as 113 de A Coruña. Segundo informaron dende a Consellería de Medio Rural, este ano diminuiu o número de denuncias en relación ás últimas campañas, o que supón que tanto vendedores como compradores, transportistas e distribuidores de uva vanse axustando á normativa vixente. (Foto: Arquivo EC)•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

0 75% dos lumes rexistrados en Galicia son intencionados

Seguinte Nova

Aprendendo a emprender dende as aulas

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: