Melloras no aparcadoiro do Parque dos Condes de Monforte

• O alcalde lembrou que este é o primeiro asfaltado que se acomete neste espazo público en 12 anos

O alcalde de Monforte, José Tomé, na presentación dos traballos de asfaltado do aparcadoiro do Parque dos Condes. GPCM
O alcalde de Monforte, José Tomé, na presentación dos traballos de asfaltado do aparcadoiro do Parque dos Condes. GPCM

• O Goberno local iniciou estes días os traballos de asfaltado e sinalización do aparcadoiro do Parque dos Condes. Segundo explicou o alcalde de Monforte, José Tomé, xa se poderá aparcar neste espazo na fin de semana.
O aparcadoiro público e gratuíto ten espazo para 300 vehículos, con tres prazas para persoas con mobilidade reducida, e outras 4 reservadas para autobuses. O rexedor local lembrou que o recinto «precisaba dunha mellora do seu pavimento e tamén da sinalización en xeral». Por este motivo, explicou Tomé, o Concello elaborou un proxecto de mellora que inclúe a aplicación dunha capa de rodadura con aglomerado en quente, así como dunha nova sinalización «que prevé xiros máis cómodos, sobre todo para os autobuses, para facilitar a entrada e saída». Tamén se vai desbrozar o perímetro que linda co colexio dos Escolapios.
O orzamento das obras ascende a 79.594 euros, financiados con fondos aportados pola Deputación de Lugo a través dun convenio co Concello de Monforte.
«Esta é unha obra moi importante, porque presta servizo a todos os veciños e tamén aos visitantes», explicou o alcalde. Tomé destacou tamén a «sostibilidade» da actuación, xa que se prevé «que dure moitos anos e sen apenas custes de mantemento». O alcalde lembrou que o último asfaltado se fixo hai 12 anos, e só se arranxaron algunhas fochancas, coas conseguintes dificultades para os usuarios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ata o 23 de novembro para solicitar praza no programa «Xuntos no Nadal»

Seguinte Nova

Chantada acolleu as Xornadas de Internacionalización Galicia-Colombia

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss