•O libro de investigación de Sonia María García García sobre o Courel conta coa colaboración da Deputación de Lugo
• A comezos de novembro, celebrouse na sede da Fundación Uxío Novoneyra a presentación de “O Libro do Courel”, un estudo de investigación sobre a comarca courelesa realizado por Sonia María García García. “O Libro do Courel” recolle un retrato completo destas terras a nivel histórico, patrimonial e socioeconómico.
Na presentación, o deputado de Promoción do Territorio e Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, destacou que este libro “fai fincapé na xeografía e historia deste enclave único, así como na idiosincrasia das súas xentes”.

A DEPUTACIÓN PROMOCIONA O COUREL ENTREGANDO EXEMPLARES COMO AGASALLO
Vidal Baamonde lembrou que a obra conta coa colaboración da Deputación de Lugo, que adquiriu varios exemplares para agasallo ás persoas que son recibidas na sede provincial. Deste xeito, segundo precisou Vidal Baamonde, o organismo provincial contribúe a promocionar este espazo natural lucense. “Os primeiros 40 exemplares xa foron entregados aos bloggers gastronómicos que recibiu a semana pasada o Presidente da Deputación”, explicou Eduardo Vidal.
Pola súa banda, Sonia María García García, agradeceu a colaboración do organismo provincial “nunha iniciativa que beneficia xa non só a todos os lucenses, senón a todos os galegos pois esta é a historia viva da nosa terra”.•