Memoria das xentes e historia dunha comarca no Libro do Courel

•O libro de investigación de Sonia María García García sobre o Courel conta coa colaboración da Deputación de Lugo

A presentación do “Libro do Courel” tivo lugar a comezos de novembro, coa presenza da autora, Sonia María García García; a editora, Edurne Baines Pilart; e o deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde. GPDL.
A presentación do “Libro do Courel” tivo lugar a comezos de novembro, coa presenza da autora, Sonia María García García; a editora, Edurne Baines Pilart; e o deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde. GPDL.
• A comezos de novembro, celebrouse na sede da Fundación Uxío Novoneyra a presentación de “O Libro do Courel”, un estudo de investigación sobre a comarca courelesa realizado por Sonia María García  García. “O Libro do Courel” recolle un retrato completo destas terras a nivel histórico, patrimonial e socioeconómico.
Na presentación, o deputado de Promoción do Territorio e Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, destacou que este libro “fai fincapé na xeografía e historia deste enclave único, así como na idiosincrasia das súas xentes”.
A DEPUTACIÓN PROMOCIONA O COUREL ENTREGANDO EXEMPLARES COMO AGASALLO
Vidal Baamonde lembrou que a obra conta coa colaboración da Deputación de Lugo, que adquiriu varios exemplares para agasallo ás persoas que son recibidas na sede provincial. Deste xeito, segundo precisou Vidal Baamonde, o organismo provincial contribúe a promocionar este espazo natural lucense. “Os primeiros 40 exemplares xa foron entregados aos bloggers gastronómicos que recibiu a semana pasada o Presidente da Deputación”, explicou Eduardo Vidal.
Pola súa banda, Sonia María García García, agradeceu a colaboración do organismo provincial “nunha iniciativa que beneficia xa non só a todos os lucenses, senón a todos os galegos pois esta é a historia viva da nosa terra”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia disparouse ata as 223,7 toneladas en 2015

Seguinte Nova

Descubren unha nova especie de fungo na Reserva da Biosfera Terras do Miño

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: