•Os sinais instalados polo Concello “servirán para identificar a Monforte como capital da Ribeira Sacra”, explicou o alcalde
• Monforte conta, dende finais de outubro, cunha nova sinalización turística de benvida nos puntos de acceso á cidade. O Concello vén de instalar cinco monolitos na rúa Chantada, á altura do cemiterio municipal; nas rúas Ourense, á altura de Piñeira, e Benito Vicetto, así como na entrada ao Morín dende a estrada de Lugo.
Estes monolitos inclúen un elemento descritivo cunha mensaxe de benvida en castelán, galego, inglés, francés, alemán e portugués. Ademais, tanto os materiais empregados como as súas características físicas e gráficas cumplen as directrices establecidas no Manual de Sinalización Turística de Galicia. O custe total desta actuación foi de 9.559 euros.

“PRIMEIRA IMAXE DA CIDADE PARA OS VISITANTES”
Segundo explicou o alcalde, José Tomé, os novos sinais completan e substitúen aos dous que había anteriormente, “xa moi deteriorados”. Os actuais monolitos, iguais entre si, lucen o nome de Monforte de Lemos e a imaxe identificativa do conxunto monumental de San Vicente. O alcalde suliñou que “estes monolitos serán a primeira imaxe da cidade que terán os nosos visitantes, e permitirán identificar a Monforte como capital da Ribeira Sacra”.•