• O sábado 12 de novembro, ás 19 horas, o Auditorio Municipal de San Clodio acollerá a representación da obra “Maionesa…sen tomate”, polo grupo de teatro chantadino Faro-Miño. A obra conta a historia do Agustín, un peculiar Don Xoán, que sen ser guapo nen atrativo, ten un non se sabe que que fai tolear ás mulleres. Segundo o Agustín, “o amor é como a salsa maionesa, que cando se corta, hai que tirala e facer outra nova”. O que non sabe o Agustín é que a vida dá moitas voltas, e pode que el se convirta nunha maionesa cortada que hai que desbotar.
A obra forma parte do programa provincial Buxiganga. •