Os infantís do Korbis Gonzalo Seguros mantéñense invictos en primeira división

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O equipo infantil masculino do Korbis Gonzalo Seguros de voleibol está a medir os partidos por vitoria neste arranque de tempada. Na terceira xornada ligueira, os monfortinos continúan invictos na primeira división da liga galega de voleibol, ao acadar un novo triunfo o pasado 5 de novembro. Esta valiosa vitoria tivo un sabor especial, pois o rival era o coruñés Santa María del Mar, vixente subcampión galego na categoría alevín o ano pasado. Segundo explicaron os adestradores do infantil masculino do Korbis Gonzalo Seguros, os coruñeses “pagaron cara a súa inexperiencia na categoría”, e aínda que se mantiveron tacticamente ben ubicados no campo, “non foron rivais para o equipo monfortino”. Finalmente, os xogadores do Korbis Gonzalo Seguros venceron con claridade aos coruñeses.
ENTRADAS GRATIS E NUMERADAS PARA SORTEOS AO REMATE DOS PARTIDOS NA CASA
Dende o club Korbis Gonzalo Seguros están a fomentar a prática do voleibol nos centros escolares de Monforte, repartindo entradas gratuítas para os partidos que se xoguen na casa. As entradas van numeradas, para que os asistentes poidan participar nun sorteo de regalos ao remate de cada partido.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As xogadoras do Neumáticos Sarria, finalistas da Copa Galicia

Seguinte Nova

O CV Ribeira Sacra lidera a táboa na 1ª División Infantil feminina

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: