Premio á Biblioteca Municipal de Sober na XVII Campaña Nacional de Animación á Lectura

A programación da Biblioteca de Sober foi distinguida co premio á Animación á Lectura de este ano. (Foto cedida).
A programación da Biblioteca de Sober foi distinguida co premio á Animación á Lectura de este ano. (Foto cedida).
• A comezos de novembro, a Biblioteca de Sober e o seu Club de Lectura Pintor de Castinandi foron premiados na XVII Campaña de Animación á lectura dos premios María Moliner.
MÁIS DE 600 PROXECTOS
Estes galardóns son concedidos anualmente polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Federación Española de Municipios e Provincias, e a Fundación Coca-Cola. Este ano, presentáronse a concurso 605 proxectos de toda España, dos que foron seleccionados 300 dentro dos mellores programas de animación á lectura. Na provincia de Lugo tamén recibiron este premio a Biblioteca Municipal de O Saviñao e a de Xermade.
Dende a Biblioteca Municipal de Sober amosaron a súa satisfacción por este premio, “que recoñece o noso traballo e as múltiples iniciativas levadas a cabo para fomentar a lectura no noso municipio”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Comezaron as obras para reparar os danos nos viñedos en Sober

Seguinte Nova

O Goberno provincial ingresou 2,2 millóns de euros aos concellos para crear novos postos de traballo no programa DepuEmprego

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss