Presentan un fotolibro sobre a viticultura da Ribeira Sacra

•Baixo o título “Ex vite vita”, o libro de Mónica Noya evoca a viticultura como un xeito de vivir e unha tradición que evoluciona cos pobos •A Deputación de Lugo colabora na difusión do libro, que será distribuído gratuitamente entre os visitantes que cheguen á nosa provincia

A autora do fotolibro, Mónica Noya, na presentación da obra “Ex vite vita”, acompañada da deputada de Cultura, Pilar García Porto. GPDL.
A autora do fotolibro, Mónica Noya, na presentación da obra “Ex vite vita”, acompañada da deputada de Cultura, Pilar García Porto. GPDL.
• A comezos de novembro, tivo lugar no Pazo de San Marcos de Lugo a presentación do fotolibro “Ex vite vita”, asinado por Mónica Noya.
O VIÑO E A VIÑA, NEXO DE UNIÓN ENTRE AS PERSOAS E AS XERACIÓNS
A autora ofrece neste proxecto persoal, producido e publicado integramente pola propia creadora, un percorrido gráfico pola vida das xentes da viña, vinculadas polas tarefas e pola paisaxe na que se desenvolve, a Ribeira Sacra. Noya estivo acompañada na presentación pola deputada de Cultura, Pilar García Porto, que gabou este fotolibro documental como un traballo “de autor”. “Os lazos familiares e de amizade entre as diversas xeracións organízanse en torno ao traballo e á celebración, tendo ao viño como nexo de unión”, salientou García Porto.
A obra de Mónica Noya rompe as bases do documental clásico na toma de imaxes, a pesares de captar unha actividade con séculos de historia, xerando “unha nova mirada de documental”, próxima á vangarda artística, segundo explicaron os seus editores gráficos.
PROMOCIÓN DA RIBEIRA SACRA FÓRA DA NOSA PROVINCIA
García Porto lembrou que a Deputación potencia a Ribeira Sacra a través da colaboración na difusión da obra “Ex vite vita”. O fotolibro distribuirase de xeito gratuíto este libro entre os visitantes que veñan á provincia, co obxectivo de dar a coñecer a Ribeira Sacra fóra das fronteiras lucenses.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Completada a construción dun muro de contención no Castro de Liñarán en Sober

Seguinte Nova

Nova sinalización turística nas entradas a Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss