Próximas actividades no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor continúa a ofrecer a súa programación lúdico-cultural para o último trimestre do ano. O venres 11 de novembro terá lugar a actividade «Arte cotiá en papel», deseñada para o Club Senior. O obradoiro pretende dar a coñecer mellor o noso entorno e a natureza da cor, as texturas, o volume e o espazo, xa que o coñecemento do medio axuda a entender mellor a arte. O obradoiro desenvolverase de cinco a sete da tarde.
Para o club Pequeamig@s, está pensado o obradoiro «Xogando co papel», previsto para o sábado 12 de novembro, en horario de once a unha e media. O obxectivo da actividade é achegar aos máis cativos o mundo do volume, espazo e cor, compartindo cos demais ao tempo que xogan e coñecen o Museo.
Por último, o obradoiro «Grupo de Cine», pensado para todos os públicos, propón facer cine dentro dun pazo. Trátase de que os participantes xoguen a crear diversos personaxes diante da cámara, xerando diferentes situacións gravadas, asociadas ao entorno do pazo, e cos máis pequenos como protagonistas. Hai dúas datas: o sábado 19 de novembro de 11,30 a 13,30, e o sábado 10 de decembro de 12,30 a 13,30. O obradoiro ofrece 20 prazas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O 28 de novembro, inspección ITEAF no Campo da Feira de Ferreira

Seguinte Nova

A Banda Folk de Ribas de Sil ofreceu un concerto en Escairón a beneficio de Cáritas do Saviñao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: