A revista Clinic, publicada pola Asociación de Adestradores de Baloncesto de España, vén de publicar no último número a primeira parte dun extenso traballo técnico elaborado polo adestrador do CB Sarria, Iago Castro Martínez. O artigo, presentado baixo o título de “Aspectos técnico-tácticos do un contra un”, publicarase en dúas quendas, por decisión do comité editorial da revista para poder ofrecer ao detalle este traballo “tan completo”. Deste xeito, a primeira parte, adicada aos aspectos ofensivos, publicouse no número 104 da revista Clinic, e a segunda, centrada nos aspectos defensivos do un contra un, sairá no número seguinte.
O artigo de Iago Castro comparte espazo con traballos asinados por Oscar Quintana, adestrador do UCAM Murcia, ou Vitito Ojeda, profesor na Academia de Baloncesto FIBA Américas. O número 104 da revista Clinic complétase, entre outros, con reflexións de Sergio Scariolo, seleccionador nacional, sobre a técnica de defensa de homes altos, ou unha entrevista que o xornalista de La Voz de Galicia José Manuel Fernández fixo para a Asociación Española de Entrenadores de Baloncesto a Miguel Ángel Ortega, técnico do Perfumerías Avenida, recente campión da Liga Feminina e da Supercopa de España.
Iago Castro Martínez é un xoven adestrador de 21 anos que xa militou nas diversas categorías do CB Sarria como xogador. Na actualidade, combina os seus estudos de Grado de Mestre de Educación Primaria coa súa labor de adestrador dos equipos Saneamientos Sarria, de alevín feminino, Mª Teresa Martínez Dental, de junior feminino, e Cafeteria Polo CB Sarria, na categoría de senior provincial. Ademais, Castro Martínez vén de colaborar coa Federación Galega de Baloncesto en programas de seguimento de xogadores a nivel autonómico.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao solicitou á Deputación de Lugo a reparación de dúas estradas provinciais
A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No
Unha vintena de representantes dos diferentes concellos desde Ponferrada a Santiago reúnense en Chantada para impulsar
A Asociación Veciñal do Saviñao, representada pola súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, solicitou á Alcaldía un
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas