Teatro para adultos en Bóveda o domingo 13 de novembro

• O Centro Sociocultural de Bóveda acollerá, o domingo 13 de novembro ás 19 horas, a obra “Os clientes do Bar Manolo”, a cargo do grupo sarriao Rebuldeira Teatro, dentro do programa Buxiganga.
O argumento da obra, destinada ao público adulto, desenvólvese no Bar Manolo, que abre cedo e pecha tarde. É un bar como todos, pero un pouco porco, e cunha clientela peculiar.  O clásico que bota alí o día, as lerchas que esfolan coas súas linguas a veciñas e demais parroquia. E tamén a veciña estudada, o traballador chulesco, as que están de paso, o cliente misterioso e a mosca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Magosto-pancetada en Pantón o día 12 de novembro

Seguinte Nova

O grupo de teatro de San Clodio actúa en Quiroga o día 12

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: