Xornada técnica en Monforte sobre ITEAF

O sábado 19 de novembro, terá lugar no Centro Cívico do Malecón en Monforte unha xornada informativa sobre Inspección Técnica de Equipos de Aplicación de Fitosanitarios (ITEAF).
A xornada, que comezará ás 12 horas, está organizada por Campus Lemos Centro de Formación. Na xornada, explicaranse as obrigas legais dos agricultores respecto de estas inspeccións, así como o tipo de maquinaria e equipos que son obxecto de revisión polos axentes autorizados, e diversas cuestións práticas relativas á lexislación sobre equipamento e fitosanitarios. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

36 deportistas do club Neka clasificados para a Copa Xunta de Galicia de Taekwondo

Seguinte Nova

Ata o 18 de novembro para participar dende Láncara e O Páramo no concurso «Receitas da Biosfera»

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

 
A %d blogueros les gusta esto: