A app do Camiño posta en marcha pola Xunta rexistra máis de 7.300 descargas

A aplicación móbil do Camiño incorpora a innovación e a competitividad á asistencia ao peregrino. Arquivo EC.
A aplicación móbil do Camiño incorpora a innovación e a competitividad á asistencia ao peregrino. Arquivo EC.

• O Camiño de Santiago está a contar cunha nova ferramenta tecnolóxica de apoio aos peregrinos. A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e Turismo de Galicia, puxo en marcha en maio unha aplicación móbil que xa suma máis de 7.300 descargas.
Segundo explicaron os responsables, a aplicación enmárcase dentro do proxecto Smart Camiño, e supón unha mostra máis da aposta da Xunta pola innovación, a calidade e a competitividade no sector turístico.
Os usuarios poderán obter información, actualizada e en tempo real, sobre as rutas oficiais do Camiño dende que entran en Galicia, o que lles permitirán contar cunha ferramenta de acompañamento e orientación durante a súa viaxe. Ademais da información cultural e patrimonial de cada ruta, os peregrinos poderán encontrar na aplicación móbil datos sobre restaurantes, albergues, aloxamentos e todo tipo de servizos. A aplicación ofrece tamén información meteorolóxica, aportada por Meteogalicia, e datos sobre emerxencias e centros de saúde.
O dispositivo fai posible a utilización da realidade aumentada para visualizar todos os puntos de interese nas proximidades do lugar onde se atope o usuario.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Continúan as obras de asfaltado nas rúas de Monforte

Seguinte Nova

25 establecementos de Sarria encherán de sabores o Tapicheo 2016

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss