A Casa da Xuventude de Chantada acolleu un encontro sobre Manuel María

O público participou recitando versos de Manuel María. (Foto cedida).
O público participou recitando versos de Manuel María. (Foto cedida).
O escritor e xornalista Manuel Veiga falou da mocidade do poeta chairego. (Foto cedida).
O escritor e xornalista Manuel Veiga falou da mocidade do poeta chairego. (Foto cedida).

• A Casa da Xuventude de Chantada vén de culminar as celebracións do ano adicado ao poeta Manuel María cun encontro literario e musical. O venres 18 de novembro, numeroso público de todas as idades participou neste acto, presentado por Paqui Abeledo, monitora sociocultural. O evento contou coa presenza do escritor e xornalista Manuel Veiga Taboada, autor do libro «Manuel María. Vida, versos e rebeldía», que falou sobre a mocidade creativa do poeta chairego, e recitou algúns dos seus versos. O punto musical estivo a cargo de Víctor López Prieto, músico  e acordeonista, acompañando os recitados dos membros do público.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Exposicións na Rede Museística Provincial para celebrar o Día Internacional da Migración

Seguinte Nova

Máis galardóns para os viños da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss