Segundo datos da web do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, esta vendima concluiu cun total de 5.578.529 quilos de uva recollida. Esta cifra supón o 9,3% do total da colleita das cinco Denominacións, segundo datos da Consellería de Medio Rural. No seu informe, presentado a mediados de novembro, o departamento autonómico precisou que as previsións iniciais dun descenso ndo 20% na cantidade de froito recollido non se cumpriron, senón que a campaña pechouse con tan só unha diminución do 6% respecto a 2015. Pola súa banda, o Consello Regulador Ribeira Sacra estima que a cifra de colleita desta tempada está na media das rexistradas nos últimos cinco anos, moi próxima á do ano 2012, cando se colleitaron 5.452.206 quilos de uva, e algo por debaixo do dato do ano pasado, no que se acadaron os 6.227.365 de quilos.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco