• Vai destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes •O Fondo de Cooperación estará dotado con 10 millóns de euros
• A Xunta está a apostar por impulsar a rexeneración urbana dos pequenos municipios, co anuncio da creación dun Fondo de Cooperación cos concellos de menos de 50.000 habitantes. Segundo explicou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, logo da reunión co presidente da FEGAMP, Alfredo García, estará dotado con 10 millóns de euros, e permitirá aos concellos financiar actuacións para recuperar edificios emblemáticos ou realizar intervencións en materia de rehabilitación.
Vázquez suliñou que os concellos poderán acceder a estes créditos a interese cero para rehabilitar máis de 1.500 vivendas en toda Galicia. A posta en funcionamento deste Fondo estará vinculado aos Orzamentos do 2017. Vázquez precisou que, en canto estean operativas as contas autonómicas, procederase a publicar a convocatoria, cos requisitos esixidos aos solicitantes e os prazos de cumprimento. •