A Xunta vai destinar 3.979.799,92 euros para financiar programas de axudas para Unidades Asistenciais de Drogodependencias (UAD) dependentes dos Concellos. O Executivo autonómico autorizou un convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, o Sergas e a FEGAMP. Cada concello, logo dos informes técnicos, recibirá un importe global e único para os programas que desenvolva. Segundo explicaron os responsables autonómicos, primarase a continuidade dos servizos xa existente, e terase en conta outros criterios como dispoñer de infraestruturas independentes dos centros de saúde e PAC, de conexión cun servizo de saúde mental, ou ser un centro transfronteirizo, entre outros baremos.•
Últimas noticias sobre PORTADA
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou unha excelente nova para a cidade: o Ministerio
A Feira do Viño de Chantada foi un auténtico éxito, moita animación, caras coñecidas, boa organización
O Alcalde José Tomé Roca, anuncia que “xa poderemos solicitar a declaración de Feira de Interese
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, presentou no miradoiro de Pena do Conde, na Barca,
Populares e Socialistas acúsanse mutuamente de ser os responsables desta situación, mentres o Craega xa aprobou