Campos Conde propón subir os soldos dos bombeiros de Lugo para igualalos cos de Ourense

• O presidente da Deputación xa destinou 330.000 euros máis ao Consorcio de Bombeiros para custear esta subida salarial • A Xunta comprometeuse a estudar a proposta • O Consorcio finánciase a partes iguais pola Xunta e a Deputación

A proposta de Campos Conde presentouse no Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo, do 10 de novembro, no que participaron responsables da Deputación e da Xunta, así como os alcaldes de Monforte, Sarria e Chantada. GPDL
A proposta de Campos Conde presentouse no Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo, do 10 de novembro, no que participaron responsables da Deputación e da Xunta, así como os alcaldes de Monforte, Sarria e Chantada. GPDL
• O último Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo estivo centrado na revisión das condicións salariais e laborais dos traballadores deste servizo. No Pleno, celebrado o pasado 10 de novembro na capital provincial, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, presentou unha proposta para equiparar os soldos dos bombeiros lucenses aos que perciben os da provincia de Ourense. “Mesmo traballo, mesmo risco, mesmo soldo” foi o argumento co que Campos Conde, que tamén preside o Consorcio, expuxo a súa vontade de mellorar os salarios dos 132 bombeiros adscritos aos 6 parques da provincia. Segundo datos oficiais, o salario anual que está a percibir un bombeiro lucense é de 18.000 euros anuais, mentres que un de Ourense cobra 21.400 euros ao ano.
PETICIÓNS DOS PROPIOS BOMBEIROS
Campos Conde sinalou que a súa proposta recolle as reclamacións que “persoalmente” lle trasladaron os bombeiros en varios encontros que mantivo cos seus representantes sindicais. Segundo explicaron os responsables do Consorcio, unha das xuntanzas tivo lugar poucos días antes da celebración do Pleno.
A DEPUTACIÓN DE LUGO XA FIXO A PREVISIÓN ORZAMENTARIA PARA ASUMIR ESTA SUBIDA
Para facer posible este incremento salarial, o Executivo provincial xa destinou 330.000 euros máis do orzamento da Deputación para o vindeiro ano ao Consorcio de Bombeiros. Con esta cantidade, a Deputación fai fronte á parte que lle corresponde, o 50%, para financiar esta subida salarial.
O 50% restante corresponde á Xunta de Galicia, o que suporía achegar outros 330.000 euros, xa que ámbalas dúas institucións financian por igual o Consorcio Provincial de Bombeiros. Pola súa banda, os responsables da Xunta de Galicia amosaron durante o Pleno do Consorcio a súa vontade de “estudar” a proposta de Campos Conde.
CONVERSIÓN DAS XORNADAS PARCIAIS EN COMPLETAS
O mandatario provincial tamén propuxo no Pleno converter as xornadas parciais dos bombeiros en completas, para cumplir coa demanda deste colectivo, e que beneficiaría a un total de 9 bombeiros lucenses. Neste punto, o Consorcio acordou abordar o estudo técnico e administrativo desta medida.
ORZAMENTO DE 2017
Á espera da resposta da Xunta sobre o incremento salarial proposta, o Pleno do Consorcio de Bombeiros aprobou o seu orzamento para 2017, que ascende a 4.895.051,60 euros, financiados ao 50% pola Xunta e a Deputación de Lugo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O programa provincial Ben Empregado 3 rexistrou 181 solicitudes de empresas e colectivos do sur de Lugo

Seguinte Nova

O Lugo Termal ofrece prazas ilimitadas sen estancia no balneario de Pantón con descontos de ata o 30%

Últimas noticias sobre EMPREGO

A %d blogueros les gusta esto: