Compromiso da Xunta para impulsar un selo de calidade do xamón galego

• Recolle as demandas do sector para promover unha Indicación Xeográfica Protexida deste produto

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén do Campo; e o director xeral da empresa Torre de Núñez, José Manuel Núñez, na reunión mantida o 16 de novembro. GPXG.
A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén do Campo; e o director xeral da empresa Torre de Núñez, José Manuel Núñez, na reunión mantida o 16 de novembro. GPXG.
• A Consellería de Medio Rural vai impulsar a creación dunha Indicación Xeográfica Protexida do xamón galego. Este compromiso foi expresado pola titular de Medio Rural, Ángeles Vázquez, logo da reunión mantida a mediados deste mes co director xeral da empresa lucense Torre de Núñez, José Manuel Núñez.
O XAMÓN GALEGO, «PRODUTO ÚNICO» QUE PRECISA RECOÑECEMENTO
“Pese a que Galicia é ben coñecedora da carne de porco é certo que é máis famoso o noso lacón que o xamón”, suliñou Vázquez, quen precisou que se van iniciar os trámites necesarios para constituír este novo selo de calidade. A responsable de Medio Rural destacou que o xamón galego «non deixa de ser un produto único na nosa comunidade e, como tal, merece un recoñecemento”.
CALIDADE EN TODO O PROCESO
Vázquez suliñou que a calidade do xamón galego vén dada pola alimentación que reciben os porcos, a atención e coidados que se lles presta, e a posterior elaboración do produto baseada nos procedementos tradicionais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta creará un Fondo de Cooperación cos concellos para rehabilitar 1.500 vivendas

Seguinte Nova

Exposicións na Rede Museística Provincial para celebrar o Día Internacional da Migración

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: