Continúan as obras de asfaltado nas rúas de Monforte

• As novas actuacións do Concello melloran a rúa número 1 do Polígono do Reboredo e na rúa Benito Vicetto

As obras na rúa número 1 do Polígono do Reboredo son as primeiras que melloran a capa de rodadura dende que se urbanizou, hai máis de 30 anos. GPCM.
As obras na rúa número 1 do Polígono do Reboredo son as primeiras que melloran a capa de rodadura dende que se urbanizou, hai máis de 30 anos. GPCM.
• O Concello de Monforte continuou este mes cos traballos de asfaltado en diversas zonas da cidade. Unha vez completada a mellora no aparcadoiro do Parque dos Condes, iniciáronse as obras na rúa número 1 do Polígono Industrial, para continuar co acondicionamento do firme da rúa Benito Vicetto.
VIAIS CON FIRME “MOI DETERIORADO”
Segundo precisou o alcalde de Monforte, José Tomé, o estado de conservación destas rúas era “moi deficiente”, polo que resultaba necesario renovar a totalidade do pavimento, tanto nos viais de circulación como nas zonas de carga e descarga. As obras consistiron na aplicación dunha capa de rodadura en quente de 5 centímetros de espesor, previo fresado nas zonas de confluencia con otros viais e nos puntos onde fose preciso.
José Tomé xustificou a actuación realizada na rúa número 1 do Reboredo, lembrando que “esta é a primeira capa de rodadura completa que se vai aplicar dende que se urbanizou esta rúa hai máis de 30 anos”, periodo durante o que se realizou “algunha actuación de bacheos no vial”. Ademais do firme, tamén se acondicionaron os accesos ás parcelas das empresas.
Tomé destacou que estes arranxos no vial do Reboredo, por importe de 48.728 euros, responden aos compromisos adquiridos por el cos empresarios do polígono na reunión mantida o pasado mes de maio. No encontro, os empresarios manifestaron ao rexedor local as súas queixas pola falta de investimentos importantes no recinto empresarial.
En canto ás obras na rúa Benito Vicetto,  Tomé lembrou que a intención do Concello é “mellorar os accesos á cidade para beneficio dos veciños, pero tamén para conseguir unha mellor imaxe de Monforte de cara aos visitantes que chegan pola N-120”. Con esta obra, tamén se eliminan os frecuentes baches na contorna da vía do ferrocarril “que tantas molestian causan aos veciños”. O importe desta obra foi de 29.523 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte aumenta a partida de axudas a asociacións culturais e sociais

Seguinte Nova

A app do Camiño posta en marcha pola Xunta rexistra máis de 7.300 descargas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: