Convenio de 235.500 euros entre a Deputación e o Concello de Sarria

•Son 14 os concellos beneficiados cos novos convenios provinciais, que a Deputación asinou este mes por importe total de 2,3 millóns de euros

•O convenio asinado co Concello de Pantón destina 60.000 euros para mellora do abastecemento de auga en 5 núcleos rurais

A alcaldesa de Sarria, Pilar López, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, acompañados polos alcaldes dos outros 12 concellos asinantes dos convenios, posan co presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, o pasado 14 de novembro. GPDL.
A alcaldesa de Sarria, Pilar López, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, acompañados polos alcaldes dos outros 12 concellos asinantes dos convenios, posan co presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, o pasado 14 de novembro. GPDL.
• A mediados de novembro, tivo lugar na capital provincial a sinatura dos novos convenios da Deputación de Lugo con 14 concellos, e polos que o organismo provincial destina aos municipios 2,3 millóns de euros para a mellora dos servizos públicos no rural.
CAMPOS CONDE: “QUEREMOS UNHA DEPUTACIÓN CO RURAL E COAS PERSOAS”
Nesta partida, o Concello de Sarria percibe 235.500 euros que se investirán no arranxo da Ponte Ribeira, en melloras na piscina municipal e no edificio do Consistorio, así como na organización de actividades educativas e culturais. Segundo explicou o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, “queremos unha Deputación co rural, unha Deputación social e unha Deputación coas persoas, que atenda ás necesidades de cada un dos máis de 350.000 veciños da provincia”. Outro dos municipios do sur de Lugo beneficiados nesta nova partida provincial é Pantón, que recibe 60.000 euros para mellorar o abastecemento de auga nos núcleos rurais de Guítara, Toldaos, Curro, Verdeal e Goián.
Pola súa banda, a Deputación destina ao concello de Láncara un total de 150.000 euros, que se investirán no acondicionamento de estradas e accesos municipais aos núcleos rurais de Vilarello, Armeá de abaixo, Ronfe, Sobrerriba, Busto-Cedro, Armada. Villouzan, Cabezais, Louseiro-Toldaos e Monseiro.
MELLORAS VIARIAS E DE SERVIZOS NO RURAL LUCENSE
Os importes dos convenios asinados o día 14 deste mes servirán para acondicionar infraestruturas viarias no eido rural, tanto estradas como accesos a núcleos, ademais de mellorar os sistemas de abastecemento de auga. Nalgúns casos, as actuacións financiadas por estes convenios están vinculadas ao acondicionamento de edificios de uso público, como a rehabilitación do Consistorio de Begonte, o arranxo do pavillón polideportivo de Ourol, ou o auditorio municipal de Ribadeo. En Alfoz, parte do investimento provincial a través deste convenio servirá para mellorar a potabilizadora. A mellora dos espazos públicos vinculados ao turismo tamén teñen a súa partida, como no caso das novas actuacións previstas na praia fluvial do Chamoso en O Corgo, ou o acondicionamento dun tramo do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio de Lourenzá. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Reunión do alcalde de Monforte e o conselleiro de Política Social

Seguinte Nova

O ximnasio Neka completa con 18 medallas as últimas competicións previas ao Campionato de España de clubes

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss