O vindeiro 18 de decembro celébrase o Día Internacional da Migración, e a Rede Museística Provincial decidiu sumarse á efeméride cunha programación cultural. O 18 de novembro tivo lugar no Museo Provincial de Lugo un parladoiro para falar dos diversos proxectos que se están a desenvolver na Rede sobre este tema. No acto participaron o director do Centro de Educación Permanente de Asultos do C.P. Monterroso, Pedro Cantero; o tradutor do C.P. Monterroso, experto en culturas mediterráneas e orientais, Alí Lhana Díaz; a presidenta da Asociación Rioplatenses de Lugo, Ana Mª Bereciartúa; o director de programas do C.Penitenciario de Monterroso, Víctor Fraga Gayoso; e a xerente da Rede Museística, Encarna Lago. Ao remate da sesión, inaugurouse unha mostra arredor do conto de Juana Ibarbourou, titulado «La mancha de humedad», e as exposicións «Museos posibles 25.2», «Desenvolvemento para todxs» e «Mulleres en Turquía», realizadas polo Centro Penitenciario de Monterroso, e que poden verse ata o 18 de decembro.•
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre