Máis galardóns para os viños da Ribeira Sacra

museo-do-vino-3
Os recentes premios seguen a confirmar a calidade dos viños da Ribeira Sacra. (Arquivo EC).

Os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra veñen de colleitar máis galardóns pola súa calidade a nivel nacional e internacional.
A adega Nova Toural acadou un dos máximos galardóns no Tempranillos al Mundo, certame que convoca a Federación Española de Asociacións de Enólogos. Nova Toural foi a única adega da Ribeira Sacra premiada cun Tempranillo de Ouro polo seu viño «Sombrero», nunha convocatoria na que se presentaron 325 mostras procedentes de 19 zonas de produción españolas e de Portugal, México, Chile e Arxentina.
Este certame incluiu ademais unha sección especial para recoñecer os mellores viños brancos galegos. Un total de seis adegas da Ribeira Sacra foron premiadas polos seus brancos. Lar de Ricobao, co seu viño LR, foi distinguida cun Tempranillo de Ouro, mentres que recibiron o Tempranillo de Prata o viño «Os Cipreses», de Rabelas; «Barbado», de Javier Méndez; «1904-Adega Vella», presentado por Adega Vella; «Escalada», de Bodega Algueira; e o viño «Peza do Rei», de Bodega Cachín.
O certame de brancos galegos sumou un total de 125 mostras presentadas a concurso, procedentes de 89 adegas das cinco denominacións de orixe de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Casa da Xuventude de Chantada acolleu un encontro sobre Manuel María

Seguinte Nova

O programa provincial Ben Empregado 3 rexistrou 181 solicitudes de empresas e colectivos do sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: