Melloras na pista polideportiva da Compañía en Monforte

Os traballos de mellora da pista polideportiva da Compañía desenvolvéronse a mediados de novembro. GPCM
Os traballos de mellora da pista polideportiva da Compañía desenvolvéronse a mediados de novembro. GPCM

• O Concello de Monforte vén de acometer unha nova intervención nos espazos públicos, neste caso nos de uso deportivo.
A mediados deste mes, completáronse as obras de reparación do terreo de xogo da pista multideportiva da Compañía. Os operarios retiraron o pavimento de céspede artificial, moi deteriorado polo uso, nas áreas de fútbol sala e balonmán, para substituílo por unha nova cobertura de similares características. A continuación, procedeuse ao pintado das liñas de marcaxe e recebo de area na superficie.
Esta actuación municipal supuxo un investimento de máis de 4.500 euros.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reflexión en Sarria sobre o risco sísmico e a seguridade no Camiño

Seguinte Nova

A Xunta creará un Fondo de Cooperación cos concellos para rehabilitar 1.500 vivendas

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: