O Concello de Monforte aumenta a partida de axudas a asociacións culturais e sociais

• A comezos de novembro, a Xunta de Goberno local aprobou a concesión das subvencións do Concello de Monforte ás asociacións culturais e sociais, por un importe de 16.870,90 euros.
NOVIDADES NA CONVOCATORIA DAS AXUDAS DESTE ANO
Esta cifra supón un incremento de 7.370 euros respecto ás axudas do ano pasado, ofrecidas polo anterior goberno local. Segundo precisaron dende o Concello, en 2015 a partida para este concepto foi de 9.500 euros.
Outra das novidades da concesión destas axudas por parte do Goberno local socialista reside na convocatoria por separado das achegas aos diversos colectivos. Por unha banda, estableceuse unha partida de 12.000 euros para asociacións culturais e, por outra, unha de importe similar para colectivos sociais.
PROMOVER INICIATIVAS DE INTERESE PÚBLICO DENDE AS ASOCIACIÓNS
O alcalde de Monforte, José Tomé, suliñou que é «moi importante promover aquelas iniciativas de asociacións que impliquen a posta en marcha de novos procesos creativos», como poden ser charlas, conferencias ou actividades destinadas aos máis novos.
No caso das axudas culturais, os destinatarios son colectivos legalmente constituídos, que estean a desenvolver actividades de interese para o Concello, ben de tipo cultural, veciñal, popular, profesional ou lúdico. O importe máximo da contía é de 1.000 euros, e non poderá superar o 70% do investimento subvencionable.
Finalmente, o importe total das axudas a asociacións culturais foi de 8.455,64, das que foron beneficiarias un total de 14 asociacións.
PREVENCIÓN DA DESIGUALDADE OU DA DESPROTECCIÓN DOS MÁIS VULNERABLES
As axudas sociais destínanse a apoiar a actividade de colectivos e asociacións que desenvolven proxectos de carácter social que garanten a igualdade de oportunidades. O alcalde puntualizou que «o obxectivo é que sirvan para axudar aos colectivos máis desfavorecidos, ou que poidan estar nunha situación de risco de exclusión social».
As bases establecen que a contía máxima por achega será de 2.000 euros. Tomé destacou que «con esta liña de subvencións, estamos axudando a previr a aparición de dependencia, desigualdade ou desprotección naquelas persoas máis vulnerables».
O importe final destinado ao conxunto destas achegas é de  8.415,26 euros. As entidades beneficiarias desta liña de axudas municipais son Cruz Vermella, Afamón, Agora, Cáritas, Amar, Auxilia e Albores.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada aumenta o seu patrimonio bibliográfico cun novo libro sobre o mosteiro de San Salvador

Seguinte Nova

Continúan as obras de asfaltado nas rúas de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss