O Lugo Termal ofrece prazas ilimitadas sen estancia no balneario de Pantón con descontos de ata o 30%

• As prazas ilimitadas sen estancia tamén se ofertan nos balnearios de Pambre e Guitiriz, e outras 223 con estancia nestes dous establecementos e nas Termas de Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, mantivo un encontro cos usuarios do programa Lugo Termal no balneario de Augas Santas, acompañado do alcalde de Monforte, José Tomé, o pasado 15 de novembro. GPDL
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, mantivo un encontro cos usuarios do programa Lugo Termal no balneario de Augas Santas, acompañado do alcalde de Monforte, José Tomé, o pasado 15 de novembro. GPDL

• Ata o 31 de decembro, o programa Lugo Termal que está a desenvolver a Deputación ofrece a lucenses maiores de 55 anos prazas ilimitadas para recibir tratamentos termais en balnearios da provincia, cun desconto de ata o 30%.
Dende que se puxo en marcha a comezos de setembro, o programa Lugo Termal está a ser “un éxito”, segundo comentou o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, nun encontro con usuarios do programa no Balneario de Augas Santas. De feito, xa se cubriron máis do 60% das prazas subvencionadas con estancia, e no establecemento de Pantón chegou ao 100% nesta modalidade, ata esgotarse. Ata finais de ano estarán dispoñibles no establecemento de Pantón prazas ilimitadas para disfrutar de 20 técnicas terapéuticas sen estancia, cun desconto superior aos 100 euros. Tamén ofrecen prazas ilimitadas coas mesmas características os balnearios de Pambre e Guitiriz, e 59 no de Lugo.
En canto ás prazas subvencionadas con estancia, continúan dispoñibles algo máis de 200, nos establecementos de Guitiriz, Pambre e Termas de Lugo. O paquete, por un prezo de 190 euros, inclúe estancias de 6 días con 5 noites, pensións completas, 8 técnicas de saúde, recoñecemento médico e programa de animación sociocultural e de atención a persoas con capacidades diferentes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Campos Conde propón subir os soldos dos bombeiros de Lugo para igualalos cos de Ourense

Seguinte Nova

Reunión do alcalde de Monforte e o conselleiro de Política Social

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: