O Neumáticos Sarria, campeón da Copa Galicia senior feminina de baloncesto

•As sarrianas mantiveron a vantaxe no marcador ao longo de todo o partido, xogado no Novo Chanto fronte ao experimentado Arxil Mafari Café de Pontevedra

As xogadoras do Neumáticos Sarria, xunto á súa adestradora, Maisa López, posan logo de acadar a Copa Galicia senior xunto ao deputado de Deportes, Pablo Rivera; a alcaldesa de Sarria, Pilar López; o concelleiro de Deportes, Efrén Castro; membros da directiva do CB Sarria e responsables da Federación Galega de Baloncesto, o pasado 13 de novembro no pavillón Novo Chanto. (Foto cedida).

• O deporte sarriao vén de acadar un novo triunfo, esta vez da man do baloncesto feminino. As xogadoras do Neumáticos Sarria proclamáronse campionas da Copa Galicia da Primeira División Autonómica, logo de gañar na final disputada o 13 de novembro no Novo Chanto fronte ao Arxil Mafari Café de Pontevedra.
CONTROL DO PARTIDO PARA AS SARRIANAS
Segundo informaron dende o CB Sarria, o equipo local, dirixido por Maisa López e tendo como asistente á lesionada xogadora Almudena López, levou o control do partido en todo momento. O primeiro cuarto xa advertía da superioridade das sarrianas, ao rematar este periodo cun 17-14, e chegar ao descanso cunha diferencia favorable de máis de 10 puntos.
MINUTO FINAL DE GRAN INTENSIDADE QUE REMATOU CON VITORIA DAS LOCAIS
A segunda parte do encontro evolucionou con sorpresas, propiciadas por unha serie de erros das sarrianas e o empuxe das pontevedresas, que as situou a só tres puntos por debaixo das sarrianas no minuto final. O acerto das locais nos derradeiros tiros libres deu a vitoria ao Neumáticos Sarria cun resultado de 64-58.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha o Plan Invernal da Deputación en estradas con 112 operarios e 64 máquinas

Seguinte Nova

Todos contra a violencia de xénero

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: