•Na Copa Cidade da Coruña, os monfortinos conseguiron tres metais •Os do Neka asinaron a súa mellor Copa Xunta de Galicia, ao sumar un total de 15 medallas
• O ximnasio Neka de Monforte afronta a conta atrás para a gran cita anual do taekwondo. Despois dun exitoso ano, na liña das últimas tempadas, os monfortinos estanse a preparar para o Campionato de España de Clubes, que se disputará en Alicante do 8 ao 11 de decembro. Como preparatorio para a proba nacional, á que acudirán 16 taekwondistas do clube monfortino, os deportistas do Neka cumpliron co calendario de competición en Coruña e no Carballiño, aumentando o seu palmarés cun resultado global de 18 medallas.
TRES PODIOS NA COPA CIDADE DA CORUÑA DE COMBATE
O 12 de novembro disputouse a Copa Cidade da Coruña de Combate, puntuable para a selección galega. Na cita coruñesa, o Neka conseguiu tres podios. Aitor Teijeiro debutou en combate logrando un bronce, metal que tamén acadou Lucía Roca, nunha categoría difícil pola diferenza de peso coas demais competidoras. A sorte non acompañou a Manuel Salgado, que quedou eliminado en cuartos cun resultado moi axustado. O mesmo desenlace tivo a participación de Elena Varela, que caiu en cuartos diante da actual campiona de España.
Pola súa banda, Junior Martínez consolida a súa extraordinaria traxectoria en combate, ao acadar o ouro na proba coruñesa. Segundo explicou o seu adestrador, José Mª Vega, Martínez “está a afianzar un bo camiño de cara ao Campionato de España de decembro, con moitas esperanzas de facer algo grande”.

A MELLOR COPA XUNTA NA HISTORIA DO NEKA
Os éxitos tamén acompañaron aos de Neka na Copa Xunta de Galicia celebrada no Carballiño o día 19. O evento congregou a máis de 700 taekwondistas de toda Galicia, o que poñía a priori as medallas “moi caras”, segundo apuntou Vega. O Neka competiu con 35 deportistas, acadando un total de 15 medallas na que foi a mellor Copa Xunta na historia do clube monfortino.
A competición autonómica saldouse con tres ouros para os de Neka, conseguidos por José Manuel Ojea, Laura Álvarez, e David Rivelo. A proba do Carballiño fixo sumar aos monfortinos un total de tres pratas, que viñeron da man de Carla Pardo, Manuel López e Raúl Vázquez.
En bronce, os deportistas do Neka lograron un total de nove metais. Con esta medalla, subiron ao podio Lúa Abeledo, Karla Novo, Andrea Pérez, Víctor Martínez, Nerea Rodríguez, Carlos Fernández, Carlos Rey, Iria de la Fuente, e Enrique Jesús Álvarez.
A derradeira competición dos de Neka antes do Campionato de España de Clubes será en Moaña, o 26 de novembro. O clube monfortino acudirá cunha representación de preto de 25 deportistas.•