Recoñecemento ao traballo de innovación social e territorial do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

O proxecto do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra foi recoñecido no IV Forum de Cidades e Territorios Creativos de España, celebrado en Málaga a mediados de novembro. (Foto cedida).
O proxecto do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra foi recoñecido no IV Forum de Cidades e Territorios Creativos de España, celebrado en Málaga a mediados de novembro. (Foto cedida).
O proxecto sobre a estrutura organizativa e o traballo de innovación turística desenvolvido polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra obtivo o recoñecemento do IV Forum de Cidades e Territorios Creativos de España.
«RIBEIRA SACRA, O SEGREDO MELLOR GARDADO DA GALICIA INTERIOR»
Na xuntanza, celebrada en Málaga do 10 ao 12 de novembro, premiou ao Consorcio co terceiro accésit na categoría de «Innovación social e territorial», dentro da convocatoria Copa España Creativa 2016. O proxecto, titulado «Ribeira Sacra, o segredo mellor gardado da Galicia interior», foi redactado pola xerente do Consorcio, Alexandra Seara, que non puido desprazarse ata Málaga por compromisos profesionais. No seu lugar, a exposición do proxecto correu a cargo da secretaria do Consorcio, Carmen Limia.
Segundo explicaron dende o Consorcio, o proxecto presentado fixo fincapé en dous eixos. Por unha banda, na creación dunha entidade complexa, integrada por 21 concellos, dispostos territorialmente en torno ás dúas beiras do río Sil. A exitosa evolución do Consorcio ao longo dos seus once anos de vida, así como os apoios institucionais cos que conta como «entidade exemplar» para outros proxectos, centrou unha parte da exposición.
Por outra banda, o proxecto amosou a importancia da innovación tanto na xestión do Consorcio como na posta en marcha de diferentes iniciativas promocionais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aprobadas as actuacións do Plan Enerxético provincial por valor de 1,5 millóns de euros

Seguinte Nova

Todo listo para disfrutar do Nadal en Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: