Reflexión en Sarria sobre o risco sísmico e a seguridade no Camiño

• A vila xacobea acolleu este mes as III Xornadas provinciais de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil

As III Xornadas provinciais de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil congregaron en Sarria a 15 agrupacións e máis de 100 voluntarios. GPXG
As III Xornadas provinciais de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil congregaron en Sarria a 15 agrupacións e máis de 100 voluntarios. GPXG

• A mediados de novembro, celebráronse en Sarria as III Xornadas provinciais de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. A xuntanza reuniu a un total de 15 agrupacións lucenses, e máis de 100 voluntarios. Entre os temas, falouse do risco sísmico, de interese para Sarria por estar ubicada no coñecido como triángulo sísmico, que abrangue ao municipio sarriao, Becerreá e Triacastela, e tamén a seguridade no Camiño.
A técnica en riscos sísmicos da Comunidade de Murcia, Sofía González, disertou sobre o primeiro dos temas, poñendo como exemplo o terremoto de Lorca e a xestión dos recursos asistenciais neste tipo de casos. A sesión completouse cunha mesa redonda sobre o triángulo sísmico do sur lucense, e as experiencias vividas nesta zona.
En canto á seguridade do Camiño, interviñeron voluntarios de Sarria e Portomarín, que compartiron a súa experiencia cos asistentes. Ademais, desenvolveuse unha exposición do equipamento de emerxencias dos concellos, cedido en propiedade pola Xunta aos municipios de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos que contan con agrupacións de voluntarios de protección civil.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra aportou o 9,3% da uva recollida no total dos cinco selos galegos

Seguinte Nova

Melloras na pista polideportiva da Compañía en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss