Reunión do alcalde de Monforte e o conselleiro de Política Social

•Anunciaron que o centro de continuidade do Infanta Elena será unha realidade en 2017

Imaxe do encontro de traballo do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, o pasado 22 de novembro. GPCM.
Imaxe do encontro de traballo do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, o pasado 22 de novembro. GPCM.
• O centro de continuidade do colexio Infanta Elena “será unha realidade para o vindeiro curso en 2017”. Así o anunciou o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, logo do encontro de traballo mantido en Santiago co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, o pasado día 22. Dende a Consellería avanzaron que o proxecto de construción xa está redactado, e atópase en fase de revisión para a súa próxima adxudicación. A Xunta destina 310.000 euros a este centro, que contará con 25 prazas ocupacionais e 10 residenciais. Segundo explicaron dende o Concello, este novo servizo ubicarase no actual Centro de Capacitación Agraria.
PRAZAS DE GARDERÍA
Outro dos temas do encontro foi o déficit de prazas de gardería na cidade do Cabe. O alcalde trasladou que a Consellería vai ter o obxectivo de dotar a Monforte dunha gardería pública a medio prazo. Tomé Roca insistiu no encontro con Rey Varela en que as prazas existentens “non dan resposta á demanda actual”, e incluso “algunhas familias levan aos seus fillos a outros concellos limítrofes”. Tomé lamentou que “sendo Monforte o segundo núcleo de poboación da provincia non teñamos ningunha gardería pública da Xunta”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Lugo Termal ofrece prazas ilimitadas sen estancia no balneario de Pantón con descontos de ata o 30%

Seguinte Nova

Convenio de 235.500 euros entre a Deputación e o Concello de Sarria

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss