Todos contra a violencia de xénero

Institucións, colectivos e cidadanía do sur de Lugo súmanse á celebración do 25 de novembro

As xogadoras do CB Sarria sumáronse á campaña “Sarria en Negro”, para loitar contra a violencia de xénero. (Foto cedida).
As xogadoras do CB Sarria sumáronse á campaña “Sarria en Negro”, para loitar contra a violencia de xénero. (Foto cedida).
O equipo senior masculino do CB Sarria tamén se sumou á iniciativa "Sarria en Negro" contra a violencia de xénero. (Foto cedida).
O equipo senior masculino do CB Sarria tamén se sumou á iniciativa «Sarria en Negro» contra a violencia de xénero. (Foto cedida).

A provincia de Lugo e o sur lucense acolleron unha serie de acción en contra da violencia machista, co gallo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O Concello de Sarria sumouse á campaña “En negro contra a violencia de xénero”, xunto a outros 16 concellos galegos, para manifestar o seu rexeitamento a esta lacra social. A esta celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, adheríronse máis de 150 establecementos, colectivos e entidades da vila xacobea, entre eles o CB Sarria, colocando as pancartas negras ou vestindo as camisetas conmemorativas para acabar coa violencia machista.

Alumnado da TIC, xunto ao presidente da Deputación e a alcaldesa de Lugo, no acto contra a violencia de xénero. GPDL.
Alumnado da TIC, xunto ao presidente da Deputación e a alcaldesa de Lugo, no acto contra a violencia de xénero. GPDL.

Pola súa banda, alumnado da TIC, acompañado polo presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, concentráronse coas camisetas negras da campaña “Lugo en negro”, á que se sumou o municipio capitalino con motivo do 25 de novembro.

Obradoiro de concienciación contra a violencia de xénero entre os mozos e mozas de Monforte. GPCM
Obradoiro de concienciación contra a violencia de xénero entre os mozos e mozas de Monforte. GPCM

Así mesmo, a concienciación nas aulas centrou un dos eixos do programa do Concello de Monforte para o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
A través do Centro de Información á Muller (CIM), os escolares monfortinos de 6º Primaria e 4º ESO participaron no obradoiro “O Rosco. Paso palabro”, co obxectivo de loitar contra os estereotipos sexuais, educar para levar unha relación de parella sa, e previr a violencia machista dende a adolescencia.

Responsables da APEHL participaron na campaña contra a violencia de xénero do 25-N. (Foto cedida: APEHL).
Responsables da APEHL participaron na campaña contra a violencia de xénero do 25-N. (Foto cedida: APEHL).

Os responsables da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) tamén vestiron as camisetas negras “Contra a violencia” da campaña “Lugo en negro”, impulsada pola Deputación de Lugo e o Concello lucense. Con este xesto, o gremio dos hostaleiros lucenses sumouse á loita contra esta lacra social.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Neumáticos Sarria, campeón da Copa Galicia senior feminina de baloncesto

Seguinte Nova

Aprobadas as actuacións do Plan Enerxético provincial por valor de 1,5 millóns de euros

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: