Todo listo para disfrutar do Nadal en Sober

O Nadal en Sober ofrece diversas actividades para todos os públicos. (Arquivo EC).
O Nadal en Sober ofrece diversas actividades para todos os públicos. (Arquivo EC).
• Do 18 de decembro ao 7 de xaneiro, desenvolverase a programación de Nadal organizada polo Concello de Sober.
CONCERTO BENÉFICO
A programación de Nadal comezará o domingo 18 de decembro ás 17,30 horas, cun concerto benéfico no que participarán os alumnos da Escola de Municipal de Música de Sober, o coro Berea, a Banda Xuvenil, os alumnos do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, os máis pequenos da Gardería Municipal e a Banda de Música de Sober. Os asistentes poden colaborar aportando un quilo de alimentos ou un xoguete, para as persoas máis necesitadas.
FESTA SOBERLANDIA
O mércores 21 terá lugar o festival de Nadal no colexio de Sober e no PAI. O alumnado de ambos centros recibirá a visita de Papá Noel. O martes 27 de decembro estréase “Soberlandia de Nadal”, unha festa que o Concello organiza para todos os veciños, con música, inchables e sorpresas, como un carro de algodón de azucre gratuíto.
O deporte ocupará a xornada do 29 de decembro e do 3 de xaneiro, con clases de expresión corporal e xogos de habilidade no Ximnasio Municipal.
O luns 2 de xaneiro haberá un obradoiro de informática para nenos maiores de 7 anos, no Edificio Sociocultural a partir das 17,30 horas. Os Reis Magos visitarán o PAI e a residencia de maiores o 5 de xaneiro ás 12.
En Nadal, tamén haberá unha actividade de bookcrossing, liberando libros no parque infantil. O 28 de decembro, as Merendas con Contos ofrecerán unha sesión de cine de Nadal.
O día 4 celebrarase unha maratón de panxoliñas con entrega de premios e degustación de chocolate con churros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Recoñecemento ao traballo de innovación social e territorial do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O Concello de Sober remata varias obras en infraestruturas de uso público

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: