A Asociación Veciñal do Saviñao elaborou un censo con 48 fontes públicas

• A comezos de decembro, a Asociación Veciña do Saviñao entregou ao Concello un documento no que se recollen a totalidade das fontes públicas do municipio que actualmente están en uso polos veciños. O censo, que rexistra un total de 48 fontes de acceso público, responde ao acordado por este colectivo na reunión mantida co rexedor do Saviñao o pasado 18 de outubro. Con este censo, a Asociación esixe ao Goberno local que realice as análises para determinar a potabilidade da auga en cada fonte, así como sinalizar se son aptos para o consumo.
VILELOS E DIOMONDI, AS PARROQUIAS CON MÁIS FONTES PÚBLICAS
Segundo os datos recollidos no censo elaborado pola Asociación Veciña do Saviñao, a parroquia con máis fontes públicas en uso é Vilelos, cun total de seis, situadas nos lugares de Vilelos, Vilaseco, Santa Cruz, Besta, Susmil e Santa Mariña. Pola súa banda, cinco son as fontes catalogadas na parroquia de Diomondi, localizadas en Belesar, Diomondi, Galegos, Piñeiro e Bexán.
A maioría das fontes contabilizadas no censo elaborado por este colectivo veciñal presentan un claro carácter público, agás a situada no lugar de Casadonas, na parroquia de Licín, que presenta dúbidas sobre a súa titularidade.
Outra das singularidades detectadas no censo refírese á presenza de lavadoiros asociados ás fontes, como no caso da situada no lugar de Pereiras, na parroquia de San Vitorio de Ribas de Miño, e na de Córneas, na parroquia de Vilaesteva.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Convenio entre Deputación, Xunta e Concello de Sarria para o financiamento da residencia pública

Seguinte Nova

Nadal no comercio de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss