A Casa da Xuventude de Chantada amosou os traballos participantes no Outono Fotográfico 2016

A exposición con todos os traballos participantes no Outono Fotográfico 2016 estivo aberta ata o venres 16 de decembro na Casa da Xuventude de Chantada. (Foto cedida).
A exposición con todos os traballos participantes no Outono Fotográfico 2016 estivo aberta ata o venres 16 de decembro na Casa da Xuventude de Chantada. (Foto cedida).
• Un total de 17 participantes de toda Galicia aportaron preto de 50 traballos para a última edición do concurso Outono Fotográfico 2016, organizado pola Casa da Xuventude de Chantada.
As fotografías enviadas conformaron unha mostra que puido verse no espazo expositivo deste centro chantadino ata o 16 de decembro. A temática dos traballos versou sobre a natureza, o mundo rural, diversos tipos de paisaxe e aspectos da astronomía. Ademais, a novidade desta convocatoria foi a inclusión dunha categoría especial para as fotografías de animais, que competiron por un premio especial.
VARIOS EVENTOS
O Outono Fotográfico 2016 da Casa da Xuventude de Chantada ofreceu na súa programación, ademais deste concurso, un curso de fotografía dixital con Photoshop, e a exposición fotográfica «Ningures», de Ángel Torres Escalante.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Apoio á actividade deportiva non federada

Seguinte Nova

Pagados máis de 50 millóns do anticipo da PAC na provincia de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: