A nova lei de benestar animal defenderá o sacrificio cero e loitará contra o maltrato

•A conselleira de Medio Ambiente adiantou as liñas xerais do texto normativo, que xa está en tramitación, á presidenta da PACMA

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, reuniuse coa presidenta do Partido Animalista contra o Maltrato Animal (PACMA), Silvia Barquero, o pasado 1 de decembro. GPXG
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, reuniuse coa presidenta do Partido Animalista contra o Maltrato Animal (PACMA), Silvia Barquero, o pasado 1 de decembro. GPXG

• A comezos de decembro, a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, mantivo unha reunión coa presidenta do Partido Animalista contra o Maltrato Animal (PACMA), Silvia Barquero, para adiantarlle os obxectivo na nova lei de benestar animal, que xa está a tramitar o Goberno galego.
Segundo explicou Mato, un dos principais obxectivos da nova lei é loitar contra o maltrato e abandono de animais, así como avanzar cara o sacrificio cero.
O anteproxecto da lei xa foi aprobado polo Consello da Xunta no mes de marzo, e está previsto que vaia á súa tramitación parlamentaria no primeiro periodo de sesións do vindeiro ano. Mato sinalou que a lei vai ir acompañada dunha liña de axudas a concellos e titulares de protectoras, para axudar a cumprir a normativa.•

•PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA NOVA LEI DE BENESTAR ANIMAL

• Acadar os máximos niveis de protección e benestar dos animais obxecto da lei, en base á súa consideración de seres vivos dotados de sensibilidade física e psíquica  • Fomentar o coñecemento do mundo animal, para conseguir unha conducta máis responsable e cívica das persoas no respecto, defensa e preservación dos animais, e tamén na súa tenza • Compatibilizar o benestar dos animais co seu goce e mantemento polas persoas • Harmonizar a tenza dos animais coa convivencia social pacífica e segura.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Actividades para todos no Nadal de Monforte

Seguinte Nova

Quiroga será unha das sedes provinciais do I Circuíto de Baloncesto Precadete Masculino

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: