A Xunta entregou en Quiroga novo material para emerxencias por neve

•Ademais do Concello de Quiroga, foron oito os municipios que recibiron equipamentos

En Quiroga tivo lugar a entrega dos equipamentos para emerxencias por neve, coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, entre outros representantes dos concellos beneficiados. GPXG
En Quiroga tivo lugar a entrega dos equipamentos para emerxencias por neve, coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, entre outros representantes dos concellos beneficiados. GPXG
• Quiroga acolleu a entrega dos novos equipamentos para emerxencias por neve que a Xunta destina a un total de nove concellos de Lugo e Ourense.
SEIS EQUIPOS DE COITELAS E TRES DE CUÑAS PARA RETIRAR A NEVE E O XEO
O pasado 28 de novembro, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, trasladouse a Quiroga para facer entrega de seis equipos de coitelas para os municipios lucenses de Becerreá, Folgoso do Courel e Quiroga, e para os ourensáns de Cualedro, Piñor e Chandrexa de Queixa. Ademais, recibiron tres equipos de cuñas os Concellos de A Gudiña, Castro Caldelas e Maceda.
EQUIPOS “MOI NECESARIOS”
Estes equipamentos foron adquiridos pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Emerxencias, cun investimento de preto de 118.000 euros. Segundo explicou o vicepresidente da Xunta, este material é “moi necesario”, xa que vai permitir mellorar a circulación e a seguridade vial dos veciños destes municipios, nos que son frecuentes as xeadas e nevaradas.
Rueda destacou tamén a importancia de que os usuarios se informen do estado das vías antes de realizar desprazamentos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga será unha das sedes provinciais do I Circuíto de Baloncesto Precadete Masculino

Seguinte Nova

Máis de 100 viños na III Cata Patrimonio Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss