ACES Sarria traerá en xaneiro as últimas tendencias en celebración no Salón Vodas & Eventos

Segundo os datos aportados por ACES-Sarria, en 2015 a celebración de vodas medrou un 2,3% respecto ao ano anterior. (Foto: Shutterstock)
Segundo os datos aportados por ACES-Sarria, en 2015 a celebración de vodas medrou un 2,3% respecto ao ano anterior. (Foto: Shutterstock)
• O comercio local asociado de Sarria continúa a promover iniciativas, co obxectivo de ofrecer as tendencias de vangarda nos diferentes sectores, e dinamizar a vida social con novas propostas. Nesta liña, as vodas seguen a ser un dos actos de maior impacto, posto que en 2015 o número de casamentos medrou un 2,3% respecto ao ano anterior.
OS DÍAS 21 E 22 DE XANEIRO NAS INSTALACIÓNS DO HOTEL ALFONSO IX
Para comezar o 2017, dende ACES-Sarria xa están a preparar o Salón de Vodas & Eventos, que terá lugar nas instalacións do Hotel Alfonso IX os días 21 e 22 de xaneiro. Ademais da temática de vodas e celebracións, o Salón contará cun espazo adicado exclusivamente á moda da zona de Sarria, para que todos os comercios, sen importar a súa orixe, poidan amosar os seus produtos.
ACTIVIDADES PARALELAS DE GASTRONOMÍA E ESTÉTICA, ENTRE OUTRAS
Así mesmo, durante a celebración do Salón de Vodas & Eventos, desenvolveranse un programa de actividades paralelas. Os visitantes poderán disfrutar de demostracións gourmet, master class de diferentes sectores e especialidades, así como un hair-clinic onde profesionais da perruquería e da estética ofrecerán os seus consellos de beleza e coidados específicos a todos os que se acheguen ata o Salón Vodas & Eventos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis gasto social e máis axudas a asociacións na proposta de Orzamentos municipais de Monforte para 2017

Seguinte Nova

O 48% das vivendas do casco histórico de Monforte están baleiras

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: