• A programación de Nadal que organiza o Concello de Monforte comezou o día 9 deste mes, co acendido das luces decorativas nas rúas da cidade. O Concello destinou á iluminación de Nadal un total de 17.000 euros, un importe similar ao do ano pasado, que permitirá manter unha distribución similar das luces navideñas.
Outras das actividades organizadas polo Concello van destinadas aos escolares, coa convocatoria do Concurso de Beléns para centros educativos, e o Certame de Poesía Infantil da Biblioteca Municipal. Así mesmo, a 18ª Mostra de Panxoliñas para centros educativos celebrarase o día 20, ás 18 horas, no Multiusos. Tamén nesta mesma sede terá lugar, o día 29 a partir das 20 horas, a representación da obra de teatro infantil “Os Rockenstein”, a cargo de Malasombra Producións.
A programación complétase co Festival de Nadal do Conservatorio, o mércores 21 ás 20 horas no Multiusos. Pola súa banda, a igrexa dos Escolapios acollerá, o venres 23 ás 20 horas, o Concerto de Corais Nadal 2016, coa participación da Coral Polifónica de Quiroga, a ourensá de Viladauga de Lais, e a Coral Polifónica de Monforte. Por último, o día 26 terá lugar o concerto de Nadal que organiza a Sociedade Filarmónica de Monforte, na Casa da Cultura ás 20,15 horas.
A Cabalgata de Reis porá punto e final aos eventos de Nadal, o 5 de xaneiro, coa chegada dos Reis á estación do tren ás 17 horas, e a participación do alumnado de 6º de Primaria dos colexios.•
Últimas noticias sobre CULTURA
O canteiro José Sampedro Caamaño alzouse co primeiro premio no III Certame de Canteiros celebrado esta
O Ciclo Mestre Mateo volve traer á Pobra do Brollón o mellor cine galego actual. Desde
O ciclo Mestre Mateo de cinema galego, que por primeira vez inclúe curtametraxes finalistas nos Premios
Este sábado pasado, o escenario Samugueiros, na Pobra do Brollón, vibraba coa impresionante actuación de Mercedes