• O Grupo provincial socialista presentou no último Pleno de novembro da Deputación de Lugo unha moción defendendo a prática deportiva non federada «ante as trabas que unilateralmente interpuxo a Xunta ao modificar o artigo 22, de Eventos Deportivos, da Lei 3/2012».
LIGAS EN RISCO DE DESAPARICIÓN
Segundo explicou o deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, esta modificación encarece «notablemente» os custos pola organización de competicións á marxe das Federacións, «condicionando o futuro dos moi numerosos eventos que se fan na provincia». Rivera criticou que esta medida supón «un incremento de gastos, para os deportistas individuais e para as organizacións». O deputado de Deportes alertou de que «moitas ligas corren o risco de desaparecer, pois ou están federadas ou non poderán competir».
A modificación legal obriga aos organizadores dun evento deportivo a contar cunha póliza de asistencia sanitaria individual para cubrir accidentes deportivos sexan federados ou non. Segundo Rivera, isto produciu un incremento nos prezos por parte das compañías aseguradoras, ao que habería que sumar a «presión que están a exercer as Federacións, para que toda a actividade pase a ser federada».
Os socialistas propoñen á Xunta que dialogue cos organizadores e inicie un proceso de intermediación coas aseguradoras para garantir prezos xustos.•