Ata o 3 de febreiro para inscribirse nos primeiros cursos do LugoWork

• Son 7 cursos, con 105 prazas en total, destinados a mozos lucenses en paro menores de 30 anos

• Os cursos dan formación sobre nichos de emprego na provincia, coa posibilidade de traballar en empresas lucenses durante 6 meses

Imaxe de arquivo dunha das mesas sectoriales promovidas pola Deputación de Lugo para a elaboración dos cursos e perfís do LugoWork. GPDL
Imaxe de arquivo dunha das mesas sectoriales promovidas pola Deputación de Lugo para a elaboración dos cursos e perfís do LugoWork. GPDL
• A Deputación de Lugo ten aberto ata o 3 de febreiro o prazo de inscrición nos primeiros cursos do LugoWork, o primeiro plan de emprego xuvenil participativo da provincia. Segundo explicaron os responsables provinciais, o LugoWork está financiado nun 91,89% por fondos da Unión Europea a través das Escola de Organización Industrial, o que supón un investimento de preto de 2 millóns de euros.
Os cursos do LugoWork van destinados a mozos e mozas lucenses menores de 30 anos,  que sexan desempregados e estean inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil.
ACADAR A INSERCIÓN LABORAL DOS MOZOS E MELLORAR A COMPETITIVIDADE DAS EMPRESAS
Estas accións formativas do LugoWork son totalmente gratuítas, e se desenvolven ao longo de 3 meses. Os contidos están relacionados cos nichos de emprego detectados e avaliados con cada sector produtivo da provincia, de aí o carácter participativo do LugoWork. O obxectivo destes cursos é, por unha banda, facilitar a inserción laboral dos mozos e, por outra, mellorar a competitividade das empresas lucenses respondendo ás súas demandas.
Unha vez completada a fase formativa, os participantes terán a posibilidade de traballar nas empresas durante 6 meses, e a Deputación subvencionará os seus contratos con axudas de 5.000 euros.
Cada curso ofrece 15 prazas, sumando un total de 105 nesta primeira serie formativa. En Monforte impartirase o curso de Traballos auxiliares en obras de rehabilitación e construción, mentres que Viveiro acollerá o de Emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal, e A Fonsagrada o de Aserrado de madeira. Lugo será a sede dos restantes cursos:  Auxiliar de vendas online e atención ao público; Axudante de cociña e servizo de restauración; Auxiliar de xestión informática e Internet para Pemes; e Operario de obra civil.
As inscricións deben inscribirse a través de www.deputacionlugo.gal ou www.eoi.es. Toda a información está dispoñible nestes enlaces, e nos teléfonos 982 260 088 ou 982 260 077.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Luz verde municipal á depuradora do Porto Seco

Seguinte Nova

Lugo será a provincia con máis investimento da Xunta por habitante en 2017

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: