Completada a mellora de nove viais en Pantón no Plan de Camiños Rurais

•O Executivo galego investiu algo máis de 95.000 euros nestas actuacións en Pantón

• Na totalidade da comarca de Lemos, a Consellería de Medio Rural destinou máis de 450.000 euros a obras do Plan Marco de Mellora de Camiños Rurais • Este Plan está cofinanciado nun 75% con fondos Feader

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, supervisou os traballos de mellora en diversos camiños rurais de Pantón, acompañado polo alcalde, José Luis Álvarez, o pasado 12 de decembro. GPDTL
O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, supervisou os traballos de mellora en diversos camiños rurais de Pantón, acompañado polo alcalde, José Luis Álvarez, o pasado 12 de decembro. GPDTL
• O pasado 12 de decembro, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, achegouse a Pantón para supervisar as obras realizadas en varios viais, acompañado polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez.
MELLORAR AS CONDICIÓNS DE VIDA DOS RESIDENTES NO RURAL
Segundo precisou Balseiro, estas obras están integradas no Plan Marco de Mellora de Camiños Rurais, cofinanciado ao 75% con fondos Feader. O delegado da Xunta en Lugo salientou que o obxectivo destes traballos é «mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais».
En Pantón, as melloras realizáronse en nove viais, entre eles o camiño entre Campoverde, Marrás e Tribas, ou o que conecta Arribada, Barrio e a estrada provincial. Ademais, as obras beneficiaron a outros núcleos, como a Torre, A Lama, Vila do Mato, Mañente, Marrás, Toldaos, Trigás, Martiñal ou A Hermida.
Balseiro precisou que a Consellería de Medio Rural destinou a estes traballos en Pantón algo máis de 95.000 euros,  segundo a contía que lle correspondía a este concello en aplicación das bases reguladoras que entraron en vigor este ano. O reparto de fondos do Plan Marco 2016 foron consensuados entre a Xunta e a FEGAMP. As bases establecen, entre outros puntos, que as melloras deben facilitar o acceso a dúas ou máis parcelas de explotacións agrarias, o acceso a montes veciñais en man común, e a parcelas incorporadas ao Banco de Terras de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Á venda nos bares e comercios de Escairón o Calendario 2017 da Asociación Veciñal do Saviñao

Seguinte Nova

Apoio á actividade deportiva non federada

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: